Entre as moitas actividades, destacan:
- Cursos de danza e música.
- Cursos de teatro.
- Xuntanzas gastronómicas
- Festa das filloas e antroido
- Semana cultural (Día das Letras Galegas)
- Festas de Santiago Apóstolo
- Magostos
Anualmente celebramos a festividade de Santiago Apóstolo e do Día das Letras Galegas. Ademáis participamos activamente nos actos que organiza a Irmandade de Centros Galegos no Pais Vasco co gallo do Dia de Galicia nesta comunidade.
No ano 2002, entre o 17 e 19 de maio celebramos actos conmemorativos do noso 50 aniversario cunha “Feira Rural de Galicia” e un concerto de “Luar na Lubre”, actuación de Cristina Pato e o día da clausura con diversos actos en honor ós socios, autoridades e invitados.
FESTAS DE SANTIAGO
20, 21 e 22 de XULLO de 2.007
VENRES 20
12:00 Recibimento na casa do concello, por parte do alcalde de Sestao e autoridades, do alcalde de Monterroso, don Antonio Gato Soengas.
13:00 Inauguración da XXII Feira do Polbo no Patio de los Hermanos.
A Feira do Polbo estará aberta ao público durante todos os días das festas.
13:30 Visita de honra de don Antonio Gato Soengas á sede da Agrupación Hijos de Galicia.
19:30 Pregón e txupinazo, no Patio de los Hermanos, a cargo de don Antonio Gato Soengas, con baile de honra do grupo de danzas e gaitas Nosa Xente.
20:30 Presentación da orquestra Punto Norte no Patio de los Hermanos.
22:00 Gran queimada no Patio de los Hermanos e actuación do grupo de danzas e gaitas Nosa Xente e do de cantareiras Noitarega.
23:00 Verbena amenizada pola orquestra Punto Norte no Patio de los Hermanos.
SÁBADO 21
12:00 Pasacalle a cargo do grupo de gaitas Nosa Xente.
13:30 Sesión vermú coa orquestra Quinta Dimensión de Asturias na praza do Kasko.
19:00 Actuación do grupo de danzas e gaitas Nosa Xente e do de cantareiras Noitarega.
20:30 Actuación da orquestra Quinta Dimensión na praza do Kasko.
21:30 Animación polas rúas de Sestao coa fanfarra El Despiste.
22:00 Gran verbena, na praza do Kasko, amenizada pola orquestra internacional Compostela, de Santiago de Compostela, e pola orquestra Quinta Dimensión. As súas actuacións alternas durarán hora e media e pechará a sesión, de madrugada, a orquestra internacional Comp