A presencia galega en Sestao remóntase moito tempo antes de que se decidira formar a Agrupación, segundo se desprende das reseñas de prensa da época.
Nos primeiros días do ano 1952 un entusiasta grupo de galegos residentes en Sestao formaron a que se denominaría “Sociedad Cultural Recreativa Agrupación de Hijos de Galicia”, da que foi o seu primeiro presidente D. Raimundo Carballeira Miragalla. A sociedade quedou formalmente constituida o día 4 de maio de 1952
Ese mesmo ano celebrouse por primeira vez a festividade de Santiago Apóstolo, que se manten ata agora como referente local e do entorno de localidades limítrofes.
No ano 1955 conseguiron un local en aluguer e comenzaron a desenvolver todo tipo de actividades culturais, recreativas e asistenciais. Salientar que en 1958 levaron a cabo un proxecto de construcción de 100 vivendas para os socios máis necesitados que foron entregadas en 1963.
O grupo de vivendas contaba tamén cun local para escola e unha capela que máis adiante foi destinada a academia de música, e que usa a asociación para ensaios do coro e do grupo de teatro.
A Agrupación ten sede en propiedade desde o ano 1969, e foille recoñecida a condición de galeguidade en novembro do ano 1987. Na actualidade conta con unhos 350 asociados, e foi declarada Entidade de Utilidade Pública no ano 1972 .